A institución ofrécelles aos seus socios en forma gratuíta unha importante cantidade de cursos.
Estes son os cursos que se están a ditar no presente ano 2012:

BAILE CRIOULO

Iniciación: luns de 19 a 21 hs.

Especialización: xoves de 19:00 a 21:00 hs.

Dirixe Susana González.

BAILE GALEGO

Iniciación: martes de 19 a 21 hs.

Especialización: mércores de 19 a21 hs.

Dirixe Sara González

CANTO E PANDEIRETA

Luns de 17 a 19 hs.

Dirixe Mabel Calbelo

CORO

Mércores de 17 a 19 hs.

Dirixe Francisco Antelo.

DECLAMACIÓN

Xoves de 17 a 19 hs.

Dirixe Maribel Calderón.

FOTOGRAFÍA

Xoves de 19  a  21 hs.

Dirixe Roberto Guddt.

HISTORIA DE GALICIA

Martes de 19 a 21 hs.

Dirixe Celia García.

IDIOMA GALEGO

Iniciación: mércores de 19 a 20:30 hs.

Dirixe Mª del Carmen Lorenzo

Especialización: venres  de 19 a 20:30 hs.

Dirixe Josefa Pérez.

NOITE DE CONTOS

Primeiros venres  de cada mes.

Dirixe Maribel Calderón.

OBRADOIRO DE ACUARELA

Xoves  de 16 a 19 hs.

Dirixe Wilson Arean.

OBRADOIRO CONTA CONTOS

Venres  de 19 a 21 hs.

Dirixe Susana De León.

OBRADOIRO DE LINGUA

Mércores  de 19 a 20:30 hs.

Dirixe Josefa Pérez.

OBRADOIRO DE LITERATURA

Xoves  de 19 a 21 hs.

Dirixe Nedy Varela.

OBRADOIRO DE PINTURA AO OLEO

Venres  de 16 a 19 hs.

Dirixe Walter Sánchez.

OBRADOIRO DE PINTURA EN PORCELANA

Martes  de 16 a 18 hs.

Dirixe Lilian Alonso.

OBRADOIRO “XOGAL” (IDIOMA E CULTURA GALEGA PARA NENOS)

Venres  de 17:30 a 19:30 hs.

Dirixe Adriana Fernández.

PIANO

Xoves  de 16 a 19 hs.

Dirixe Carmen Huton

Na institución realízanse dúas clases de actividades. Por un lado están as de tipo conmemorativo. Neste grupo están incluídas as seguintes:
ANIVERSARIO DE CASTELAO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ANIVERSARIO DO PATRONATO

HOMENAXE AOS GALEGOS FALECIDOS EN URUGUAI

DÍA DA PATRIA GALEGA

MISA EN IDIOMA GALEGO NA CATEDRAL METROPOLITANA

DÍA DE GALICIA MARTIR

DÍA DA POESÍA GALEGA

Por outro lado están as de tipo cultural – recreativas como son:

ENTROIDO

FESTA DA ROSCA

NOITE DE SAN XOÁN

NOITE DA MORRIÑA

VISITA AO CENTRO CULTURAL GALEGO -URUGUAIO CASA DE JOSÉ    MARIA ALONSO E TRELLES «EL VIEJO PANCHO»

FESTA DE SAMAHIN

EXPOSICIÓN DE FIN DE CURSOS DE FOTOGRAFÍA, OLEO E ACUARELA

FESTIVAL DE FIN DE CURSOS DOS GRUPOS ARTÍSTICOS

Dentro das actividades de difusión de información publican a revista “Guieiro” que recolle artigos nos que se da a coñecer a nosa comunidade e cultura, e informa das actividades que a institución leva a cabo ao longo do ano.

Tamén contan cun programa de raio. Desde o ano 1950 emítese semanalmente en galego o programa “Sempre en Galicia”. Este programa foi creado xunto con outros galeguistas por D. Manuel Meilán Martínez, un dos fundadores do Patronato.Na actualidade  emítese os domingos as 9:00 horas do Uruguai por Radio Oriental (www.oriental.com.uy) . A produción  está a Cargo de María del Carmen Fernández e a condución lévana adiante Antonio García de Seárez  e Ana Lorenzo.

Para os que desexen ampliar a presente información poden consultar a páxina web: www.pcgalega.org.uy.