A institución ofrécelles aos seus socios en forma gratuíta unha importante cantidade de cursos.
Estes son os cursos que se están a ditar no presente ano 2012:
BAILE CRIOULO
Iniciación: luns de 19 a 21 hs.
Especialización: xoves de 19:00 a 21:00 hs.
Dirixe Susana González.
BAILE GALEGO
Iniciación: martes de 19 a 21 hs.
Especialización: mércores de 19 a21 hs.
Dirixe Sara González
CANTO E PANDEIRETA
Luns de 17 a 19 hs.
Dirixe Mabel Calbelo
CORO
Mércores de 17 a 19 hs.
Dirixe Francisco Antelo.
DECLAMACIÓN
Xoves de 17 a 19 hs.
Dirixe Maribel Calderón.
FOTOGRAFÍA
Xoves de 19 a 21 hs.
Dirixe Roberto Guddt.
HISTORIA DE GALICIA
Martes de 19 a 21 hs.
Dirixe Celia García.
IDIOMA GALEGO
Iniciación: mércores de 19 a 20:30 hs.
Dirixe Mª del Carmen Lorenzo
Especialización: venres de 19 a 20:30 hs.
Dirixe Josefa Pérez.
NOITE DE CONTOS
Primeiros venres de cada mes.
Dirixe Maribel Calderón.
OBRADOIRO DE ACUARELA
Xoves de 16 a 19 hs.
Dirixe Wilson Arean.
OBRADOIRO CONTA CONTOS
Venres de 19 a 21 hs.
Dirixe Susana De León.
OBRADOIRO DE LINGUA
Mércores de 19 a 20:30 hs.
Dirixe Josefa Pérez.
OBRADOIRO DE LITERATURA
Xoves de 19 a 21 hs.
Dirixe Nedy Varela.
OBRADOIRO DE PINTURA AO OLEO
Venres de 16 a 19 hs.
Dirixe Walter Sánchez.
OBRADOIRO DE PINTURA EN PORCELANA
Martes de 16 a 18 hs.
Dirixe Lilian Alonso.
OBRADOIRO “XOGAL” (IDIOMA E CULTURA GALEGA PARA NENOS)
Venres de 17:30 a 19:30 hs.
Dirixe Adriana Fernández.
PIANO
Xoves de 16 a 19 hs.
Dirixe Carmen Huton
Na institución realízanse dúas clases de actividades. Por un lado están as de tipo conmemorativo. Neste grupo están incluídas as seguintes:
ANIVERSARIO DE CASTELAO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
ANIVERSARIO DO PATRONATO
HOMENAXE AOS GALEGOS FALECIDOS EN URUGUAI
DÍA DA PATRIA GALEGA
MISA EN IDIOMA GALEGO NA CATEDRAL METROPOLITANA
DÍA DE GALICIA MARTIR
DÍA DA POESÍA GALEGA
Por outro lado están as de tipo cultural – recreativas como son:
ENTROIDO
FESTA DA ROSCA
NOITE DE SAN XOÁN
NOITE DA MORRIÑA
VISITA AO CENTRO CULTURAL GALEGO -URUGUAIO CASA DE JOSÉ MARIA ALONSO E TRELLES «EL VIEJO PANCHO»
FESTA DE SAMAHIN
EXPOSICIÓN DE FIN DE CURSOS DE FOTOGRAFÍA, OLEO E ACUARELA
FESTIVAL DE FIN DE CURSOS DOS GRUPOS ARTÍSTICOS
Dentro das actividades de difusión de información publican a revista “Guieiro” que recolle artigos nos que se da a coñecer a nosa comunidade e cultura, e informa das actividades que a institución leva a cabo ao longo do ano.
Tamén contan cun programa de raio. Desde o ano 1950 emítese semanalmente en galego o programa “Sempre en Galicia”. Este programa foi creado xunto con outros galeguistas por D. Manuel Meilán Martínez, un dos fundadores do Patronato.Na actualidade emítese os domingos as 9:00 horas do Uruguai por Radio Oriental (www.oriental.com.uy) . A produción está a Cargo de María del Carmen Fernández e a condución lévana adiante Antonio García de Seárez e Ana Lorenzo.
Para os que desexen ampliar a presente información poden consultar a páxina web: www.pcgalega.org.uy.