O Patronato da Cultura Galega foi fundado nos sotos do Centro Galego en xuño de 1964 por un grupo de galegos que se xuntaron arredor dun sentimento: o amor á terra e a idea de espallar a cultura galega. Os seus fundadores eran conscentes de que unha real e definitiva dignificación de Galicia no Uruguai tiña que ser buscada e atopada no ámbito cultural, pois parecia fora de toda dúbida que a resolución dos nosos problemas como nación en desenvolvemento non podían ser arranxados con bailes ou queimadas.

Entre os seus fundadores cabe destacar a Manuel Meilán Martínez, insigne galeguista e amigo de Castelao quen fora elexido primeiro presidente da institución e que foi galardoado coa medalla Castelao no ano 1987.

No ano 1966 mudáronse para a rúa 18 de xullo, onde funcionaron ata o ano 1975, no que mercaron o actual local social coa axuda de moitos galegos.

Á institución foille recoñecida a condición de galeguidade o 29 de xaneiro de 1992, e na actualidade conta con 871 socios dos cales 511 son galegos.

Esta entidade é membro da Unión de Sociedades Gallegas.